Camiño de papel
e de estrelas
MUSEO MASSÓ
Exposición temporal
Esta experiencia dixital está optimizada para disfrutala na outra orientación, xira o teu dispositivo.
E para disfrutala ao 100%, accede dende unha pantalla grande de ordenador.
Camiño de papel
e de estrelas
MUSEO MASSÓ
Exposición temporal
Camiño de papel
e de estrelas
MUSEO MASSÓ
Exposición temporal
Por un camiño de papel trazado sobre os mapas navegamos desde Palestina a Padrón guiados polo camiño de estrelas

Un roteiro milenario que conecta o Mare Nostrum co Mare Océano
Conta a lenda que o corpo do apóstolo Santiago chegou desde Palestina a Galicia nunha singradura que durou sete días.
Por este roteiro marítimo que conecta o Mediterráneo oriental coa costa atlántica circularon, durante milenios, mercadorías e xentes dos tres continentes. Con elas viaxaban ideas e culturas que contribuíron á configuración de Europa.
Nesta exposición navegamos sobre os mapas e, con axuda dos libros, trazamos un camiño de papel e atracamos nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro.
O camiño de estrelas trazao no ceo a constelación da Vía Láctea, coñecida como Camiño de Santiago.
Os astros proporcionarannos as referencias para orientarnos no mar e guiarannos, como aos peregrinos e navegantes, na nosa travesía marítima.
“Foi o mar o teu camiño e a túa senda a inmensidade das augas”.

Salmo de David, no Antigo testamento, citado no Códice Calixtino.
Un roteiro milenario que conecta o Mare Nostrum co Mare Océano
Conta a lenda que o corpo do apóstolo Santiago chegou desde Palestina a Galicia nunha singradura que durou sete días.
Por este roteiro marítimo que conecta o Mediterráneo oriental coa costa atlántica circularon, durante milenios, mercadorías e xentes dos tres continentes. Con elas viaxaban ideas e culturas que contribuíron á configuración de Europa.
Nesta exposición navegamos sobre os mapas e, con axuda dos libros, trazamos un camiño de papel e atracamos nalgúns dos portos que xurdiron ao longo deste roteiro.
O camiño de estrelas trazao no ceo a constelación da Vía Láctea, coñecida como Camiño de Santiago. Os astros proporcionarannos as referencias para orientarnos no mar e guiarannos, como aos peregrinos e navegantes, na nosa travesía marítima.
“Foi o mar o teu camiño e a túa senda a inmensidade das augas”.

Salmo de David, no Antigo testamento, citado no Códice Calixtino.
A lenda da Translación do corpo de Santiago
resolve a incongruencia do achado do sepulcro
Segundo os textos máis antigos Santiago predicou en Palestina, onde sería degolado e enterrado. No século VII esténdese a idea da predicación en Hispania e, dous séculos despois, ten lugar o suposto achado do sepulcro en Compostela.
Con iso o Reino Astur pretendía lexitimarse como cabeza da igrexa na Península. O mesmo tempo, un novo centro de culto apostólico era unha boa estratexia papal para combater a expansión musulmá e a competencia da igrexa de Bizancio.
No século XI resólvese a incongruencia entre o lugar da morte e o da súa sepultura coa lenda da Translación milagrosa do seu corpo desde Palestina ata Compostela. A peregrinación vai adquirindo unha dimensión europea e, un século máis tarde, os camiños a Santiago cruzaban Europa.
A LENDA

O Mediterráneo foi desde a prehistoria un mar de encontros e desencontros
Séculos antes de nosa era os fenicios, establecidos no que sería Palestina, destacaron como extraordinarios navegantes e comerciantes. Desde o Mediterráneo Oriental atravesaban o estreito de Xibraltar para aventurarse pola costa atlántica da península Ibérica. Durante a época do Imperio romano haberá un intenso fluxo comercial que conectará os tres continentes
Na Idade Media a expansión do islam convérteo nun espazo hostil. Co fin deste enfrontamento relixioso a conca mediterránea será a principal xeradora dunha economía na que se crean grandes fortunas grazas ao comercio de mercadorías de luxo asiáticas.
A expansión do Imperio turco-otomán, con capital en Constantinopla, bloqueará o roteiro cara Oriente, e a Europa Mediterránea comezará a mirar cara ao oeste.
* Fíxate na curiosa orientación do plano
MEDITERRÁNEO

Os intereses comerciais desprazaranse desde o Mare Nostrum ao Mare Océano
O punto máis estratéxico no roteiro cara Occidente marcábano o estreito de Xibraltar, flanqueado polos promontorios coñecidos como as columnas de Hércules, e o porto de Cádiz, como un dos máis cobizados desde que fora fundado polos fenicios.
O éxito das expedicións en busca de novos roteiros comerciais polo Atlántico configura a partires do século XV unha economía mercantilista a nivel global. Os intereses comerciais desprazaranse desde o Mare Nostrum ao Mare Océano, con América e Asia Oriental como principais destinos.
Na costa máis hostil de Portugal, Lisboa no estuario do Tajo e Oporto, na desembocadura do Douro, ofrecían boas oportunidades para o comercio oceánico.
PENÍNSULA IBÉRICA

As rías galegas manteñen unha posición
estratéxica no roteiro atlántico
As rías galegas xogaron un papel importante desde a prehistoria nos roteiros que conectaban o Mediterráneo cos territorios atlánticos ricos en metais, entre os que se atopaba Galicia.
Na ría de Arousa, “Iria Flavia en Padrón” tivo o seu pequeno episodio de gloria como porto de Compostela co arcebispo Xelmírez e a súa flotilla de galeras.
Vigo viviu un momento de prosperidade co Imperio romano. Sufriu despois o castigo das frotas viquingas, normandas, mesmo de naves que peregrinaban a Terra Santa, e os ataques dos corsarios turcos, ingleses, franceses e holandeses. A partir do século XVIII recupera a súa actividade mercantil grazas aos roteiros atlánticos.
Os seus portos non foron só escalas, senón tamén portos de partida da expansión oceánica.
GALICIA

Santiago de Compostela foi a capital
dun poderoso señorío eclesiástico
O protagonismo relixioso de Compostela deu lugar a que durante séculos recibise o trato de cabeza do reino de Galicia, aínda que en realidade, A Coruña exercese como tal.
A praza do Obradoiro é un testemuño labrado en pedra do poder absoluto que exercía a igrexa na cidade e dos beneficios que obtiña da cobranza do Voto de Santiago. Este tributo, recadado en varios territorios peninsulares, non foi abolido ata 1812.
Ata o século XIX foi a capital do señorío do arcebispo. Despois da desamortización e a asunción de poderes por parte da administración do Estado, a cidade loitará por non perder ese protagonismo, pero non será ata a constitución da Comunidade Autónoma, no período democrático actual, cando logre o título de capital de Galicia.
COMPOSTELA