#: locale=es ## Tour ### Description tour.description = Roteiro Eduardo Pondal ### Título tour.name = Pondal Galego ## Skin ### Texto Multilinea HTMLText_00771DEA_1807_682F_41B5_DDB5EBAAB4BF.html =
Casa natal

Nace Pondal o día 6 de Febreiro de 1835 na "pequena" Ponteceso, nunha casa que levantara seu pai á beira do Anllóns e da ponte que o atravesa.

Eu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cádiz, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".

Arquitectura de cantaría, con planta rectangular, dous pisos en altura e cuberta a catro augas de tella do país. A obra foi promovida polo pai de Eduardo Pondal, despois do seu regreso con cartos de Arxentina en 1820. Os seus baixos funcionaron tamén como fábrica de sal. Aquí foi criado o poeta polo seu pai e irmáns, tras quedarse orfo de nai. As vistas desde a casa, á beira do río Anllóns e xunto a ponte de Ponteceso, serviu de inspiración para o bardo. Monolito da ruta pondaliana.

HTMLText_00771DEA_1807_682F_41B5_DDB5EBAAB4BF_mobile.html =

HTMLText_00AAFB68_1809_282B_4197_453DF473CD06.html =
Mirador de Monte Branco

Espazo natural que aparece como pano de fondo do río Allóns ao seu paso pola casa pondaliana.

O poeta dedicoulle un poema no seu libro Queixume dos pinos, aparecendo en diferentes ocasións nas súas obras. O topónimo do lugar relaciónase coas areas brancas que soben pola súa faldra, levadas polo vento do suroeste, conferíndolle deste xeito un aspecto esbrancuxado. Desde o seu cumio pódese observar a enseada da Insua, onde se produce a desembocadura do río Anllóns no océano Atlántico.
HTMLText_00AAFB68_1809_282B_4197_453DF473CD06_mobile.html =
Miradoiro Monte Branco

Espazo natural que aparece como paisaxe de fondo do río Allóns ao seu paso pola casa pondaliana.

O poeta dedicoulle un poema no seu libro Queixume dos pinos, aparecendo en diferentes ocasións nas súas obras. O topónimo do lugar relaciónase coas areas brancas que soben pola súa faldra, levadas polo vento do suroeste, conferíndolle deste xeito un aspecto esbrancuxado. Desde o seu cumio pódese observar a enseada da Insua, onde se produce a desembocadura do río Anllóns no océano Atlántico.
HTMLText_0122D0EF_1809_7827_41A4_C0B3146C38BC.html =
Hotel La Luguesa

Este foi un dos moitos hoteis onde Pondal residía durante as súas estancias na Coruña. La Luguesa converteuse en escenario das súas derradeiras horas. Desde aquí enviou unha última carta, preocupado polos seus manuscritos, a Andrés Martínez Salazar. Tras varios anos de saúde moi precaria, o Bardo de Bergantiños morre neste hotel cego e en soidade.

Pondal sempre quixo ser enterrado ao modo celta, a carón dos piñeiros ou nunha gándara da súa terra natal, mais as circunstancias lévano a aceptar na derradeira fase da súa vida outra alternativa, desexa ser amortallado co hábito de San Francisco e, de non ser en Ponteceso, que o enterren na Coruña.
A DERRADEIRA VOLUNTÁ
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso,
non vestido este meu corpo
de profano vestimento,
mas do saial de Francisco,
cinxido, humilde, sinxelo,
-que, anque humilde non nacín,
humilde repousar quero-,
e xa alí me sepultade
no monumento paterno...
Cando eu pasar desta vida,
levádeme á Ponte-Ceso.
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña,
nesta garrida ciudade
que mil bellezas aduna,
a cabo do insigne Curros,
xa que a del i a miña musa
a fala de Breogán
fixeron nobre e robusta:
eu quero xacer de par
de tan nobre sepultura...
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña.
HTMLText_0122D0EF_1809_7827_41A4_C0B3146C38BC_mobile.html =

HTMLText_012CA4EC_1819_182A_41B4_34991641C7DA.html =
Praia de Laxe

Trátase dunha praia urbana en forma de cuncha, con area fina e branca, de máis de dous kilómetros de extensión e bordeada por un cordón dunar activo. Á "areosa Lage", como Pondal a denomina no seu Queixume dos pinos, foille concedida a Q de calidade turística do Instituto para a Calidade Turística Española, o 10 de outubro de 2008.
HTMLText_012CA4EC_1819_182A_41B4_34991641C7DA_mobile.html =
Praia de Laxe

Trátase dunha praia urbana en forma de cuncha, con area fina e branca, de máis de dous kilómetros de extensión e bordeada por un cordón dunar activo. Á "areosa Lage", como Pondal a denomina no seu Queixume dos pinos, foille concedida a Q de calidade turística do Instituto para a Calidade Turística Española, o 10 de outubro de 2008.
HTMLText_0145A1DE_180B_3869_415A_4258905EC75D.html =
Faro de Cabo Vilán

Motivo central de Queixumes dos pinos (lo llama cabo Ougal). O cabo Vilán e o seu contorno acumulan moitas cualificacións oficiais de carácter proteccionista. O interese real da zona xustifica perfectamente estas declaracións, e aínda máis se considerarmos a existencia doutros elementos como o Cemiterio dos Ingleses, construído en 1890, no cabo de Tosto. Este camposanto, actualmente en estado ruinoso, é un símbolo perfecto das modestas relación neocoloniais que Galiza sostivo con outros países. Este cabo, denominado poeticamente Ougal polo bardo do nobre andar, / de ollos negros como a ala / do corvo do cabo Ougal, é motivo recorrente e central en Queixumes dos pinos:

¡Oh, canta luz eu vexo,
que na futura edá
da túa frente sae,
xente de Breogán,
como soe antre as brétomas
a luz do cabo Ougal,
que cos seus longos cornos
centelleando está,
e ós ousados e vagos navegantes
é seguro sinal!
(QP 45.141-150)
HTMLText_0145A1DE_180B_3869_415A_4258905EC75D_mobile.html =
Cabo Vilán

HTMLText_014E72BC_1809_1829_4130_C83E1EBC49E0.html =
Estatua Eduardo Pondal

Obra promovida pola Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, en homenaxe ao Bardo bergantiñán, e realizada por Fernando Cortés Bugía en 1925. A escultura en pedra consiste no busto do poeta que se alza sobre unha peaña cunha placa conmemorativa.
HTMLText_014E72BC_1809_1829_4130_C83E1EBC49E0_mobile.html =
Estatua Eduardo Pondal

Obra promovida pola Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, en homenaxe ao Bardo bergantiñán, e realizada por Fernando Cortés Bugía en 1925. A escultura en pedra consiste no busto do poeta que se alza sobre unha peaña cunha placa conmemorativa.
HTMLText_01634CA4_180B_E8D8_41A5_9DDFC756349A.html =
Faro de Nariga

Pondal escrebe uns versos dedicados a Cabo Nariga, nunha carta a Murguía de 1869, para dar os parabéns ao matrimonio polo nacemento da súa filla. O poeta referencia en varios poemas este Cabo, lugar onde aínda non existía o actual faro. Esta construción, realizada polo arquitecto galego César Portela en 1995, é o resultado dunha maxestosa combinación de liñas. A súa planta simula a proa dun barco, coroada por unha escultura en bronce, a modo de mascarón, creada por Manolo Coia en 1994.
HTMLText_0168844A_1808_F868_4185_506656F6E700.html =
San Adrián

Este punto ofrece unhas excelentes vistas das illas Sisargas. O lugar relaciónase coa lenda de Santo Adrián, o liberador da praga de serpes de Malpica e Corme. A multitudinaria romaría consiste na subida do santo desde a igrexa parroquial de Santa María de Malpica ata a ermida actual, datada no século XX. Esta foi construída sobre unha anterior, xa nomeada polo Cardeal Hoyos no XVII. Probablemente a primitiva fose o resultado da cristianización dun lugar cun culto pagán relacionado coas serpes.

Celébrase a multitudinaria romaría de San Adrán o día 16 de xuño, se é domingo, se non pásase ao domingo seguinte.
HTMLText_0184FC73_181B_E83E_417A_F4439E190381.html =
Dolmen de Dombate

O Pondal mozo percorría o camiño de Ponteceso a Nemiña (Muxía), onde estudaba, pasando por Cabana. Aquí coñeceu, a temperá idade, a chamada catedral do megalitismo, e comezou o seu interese pola prehistoria de Galicia. Serviulle de inspiración para o poema de "Dolmen de Dombate", publicado na súa obra Queixume dos Pinos. Nas escavacións comprobouse a existencia dun Dombate antigo e un recente. Neste último foi onde apareceron pinturas e os relevos coñecidos como A Cousa.
HTMLText_0184FC73_181B_E83E_417A_F4439E190381_mobile.html =
Dolmen de Dombate

O Pondal mozo percorría o camiño de Ponteceso a Nemiña (Muxía), onde estudaba, pasando por Cabana. Aquí coñeceu, a temperá idade, a chamada catedral do megalitismo, e comezou o seu interese pola prehistoria de Galicia. Serviulle de inspiración para o poema de "Dolmen de Dombate", publicado na súa obra Queixume dos Pinos. Nas escavacións comprobouse a existencia dun Dombate antigo e un recente. Neste último foi onde apareceron pinturas e os relevos coñecidos como A Cousa.
HTMLText_018A18F2_1819_2839_4176_A7FA601CBE04.html =
Igrexa de San Simón de Nande

A existencia dun singular microclima no val de Traba e Nande (mercé á súa protección dos húmidos ventos do Suroeste polos penedos de Traba, permite que nel medren árbores máis propias doutras latitudes (laranxeiras, mandarineiros, limoeiros, figueiras, etc.) así como unha grande variedade de produtos hortícolas. Desde o adro da igrexa de San Simón de Nande, a 75 m de altitude, enxérgase en ampla vista panorámica todo este val:

¡Ouh, terra de San Simón
de Nande, vizosa terra,
morra eu primeiro sin verte
antes que de ti me esqueza! (QP 18.63-66)
Aínda recordo, aínda,
cando eu era estudiante,
garrido rapacete
que ben rexerse sabe,
cando iba pra Memiña
a estudiar o arte
do erudito Nebrija
e do bo Villafañe,
que iba a cabalo, ledo,
como fan os rapaces.
Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa de Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gand'ra adiante,
xa vía desde lonxe
o dolmen de Dombate.
Deixando Fonte-Fría
cara o lado de Laxe,
e levando o camiño
de San Simón de Nande,
polo chan de Borneiro
de cativos pinales,
cuase pasaba a rentes
do dolmen de Dombate.
Quedaba o misterioso
fillo doutras edades
c'a súa antiga mesa,
c'as súas antigas antes,
no seu monte de terra,
non alto e ben roldante,
poboado en redondo
de montesía estrame,
de pequenas queiroas
e de toxos ben grandes,
como calada esfinxe
que, sublime, non fale;
como náufrago leño
de soberbio cruzamen,
lanzado sobre a praia
por potente oleaxe,
que de pasada rota
mostre rudas señales,
e mostre aberto o flanco
por glorioso combate
e con linguaxe mudo
das súas glorias fale;
¡Canto, ai, mudar pode
longa e vetusta edade!
Entonces eu deixando
ambas rendas flotantes,
pensoso iba cuidando,
p'la Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados,
nos celtas memorabres,
nas súas antigas glorias,
nos seus duros duros combates,
nos nosos vellos dolmens
e castros verdexantes,
E despois a Nemiña,
ou que fose ou que tornase,
ó velo desde lonxe,
indo p'la gand'ra adiante,
sempre ledo escramaba:
"¡O dolmen de Dombate!".
Agora que pasano
meus anos xogorales,
agora que só vivo
de tristes suïdades,
que cumpro con traballo
meu terrenal vïaxe
e que a miña cabeza
branquea a grave edade,
aínda recordo, aínda,
o dolmen de Dombate. (DD)
HTMLText_018A18F2_1819_2839_4176_A7FA601CBE04_mobile.html =

HTMLText_01A3C6C3_180B_785F_41A7_43B288158E16.html =
Torres de Cereixo

En Cereixo, fermoso emprazamento na entrada da ría que baña Ponche do Porto, destacan unha pequena igrexa románica nun de cuxos tímpanos represéntase en relevo, nunha das máis antigas manifestacións da lenda, o traslado en barca do Apóstolo Santiago, enlazando coa tradición apostólica do Santuario da Barca; pódese admirar a beleza do pobo cuxas casas de pedra con balconadas presentan un magnífico estado de conservación, o pazo Torre de Cereixo, un muíño de mareas e un espléndido exemplar de carballo centenario.

Xunto cos penedos dos arredores, ofrece unha singular paisaxe pétreo que enfeitizou a diversos escritores como Pondal, Ou. Pedrayo ou Rivas.
O Pazo Torre de Cereixo e unha propiedade privada non visitable. Situado sobre a Ría domina o fermoso núcleo de Porto de Cereixo. Sobre unha pequena península destaca polo seu aspecto militar, con dúas torres almenadas e corpo central uníndoas. Aínda que de orixe anterior o actual pazo foi construído no século XVII pola familia Carantoña. Sobre o arco de entrada, distinguiremos os escudos dos Montenegro (unha " M" facilmente identificable), os Bermúdez (cuadrículas ou casas), os Castro de Lemos (seis formas circulares ou roeles), os Soutomaior (bandas horizontais), os Mendoza (aspas e a imaxe do Ave María), os Figueroa (follas de figueira) e os Andrade (dúas cabezas de dragón). No muro lateral vemos os emblemas dos Moscoso (unha cabeza de lobo), os Carantoña (unhas mans), os Caamaño (un piñeiro) e os Guisamonde (unha torre).

O muíño de mareas de Porto de Cereixo, chamado tamén muíño das Torres ou das Arceas, foi construído no ano 1674. Esta é a data que aparece nun documento de foro outorgado por Juan Taboada Ribadeneira, conde de Taboada e «señor de Poboa de Cereixo», aos irmáns Andrés e Pedro de Espasantes. É o terceiro muíño de mareas en antigüidade dos conservados actualmente en Galicia, despois do muíño de Neda (1609) e o muíño dá Seca (1622) en Cambados. Está construído xusto na confluencia do Río de Carnés ou Río Cereixo co río Grande do Porto. Aproveitaba tanto a auga do río como a subida da marea que facía mover 3 moas: unha moía trigo e as outras dous millo. Sempre foi administrado por caseiros ata que en época contemporánea a condesa vendeuno. Foi transformado en vivenda e é de propiedade privada.
HTMLText_01A3C6C3_180B_785F_41A7_43B288158E16_mobile.html =

HTMLText_01ADD44D_1809_186B_41A8_350209A774F6.html =
Banquete de Conxo

Movementos liberais da cidade convocan o Banquete de Conxo. Trátase dunha reunión histórica de confraternización entre diversas clases sociais da época (estudantes, artesáns, obreiros…), que baixo a lenda «Orde e fraternidade» tivo lugar o 2 de marzo de 1856, coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral (a sublevación de militares galegos contra o ditador Narváez que acabou co fusilamento de todos eles). O anuncio do banquete causou escándalo entre as clases máis poderosas da cidade de Compostela.

Aínda que hai dúbidas sobre a localización exacta, suponse, segundo o criterio de varios autores, e algúns descendentes de persoas que estiveron alí, que se celebrou na zona coñecida como Belvedere, en Conxo, á beira do río Sar, nunha robleda situada detrás do mosteiro de Santa María de Conxo.
HTMLText_01ADD44D_1809_186B_41A8_350209A774F6_mobile.html =

HTMLText_01B03678_1809_3829_41B7_3499344ECBDB.html =
Praia Mórdomo

Mórdomo (Nande, Laxe), situado no punto de encontro entre o val de Traba e o mar: a unión prodúcese a través dunha importante formación dunar onde aínda é posíbel a contemplación dun illó, a lagoa de Traba. É unha aldea que se caracteriza polo seu grande tamaño e pola súa morfoloxía cerrada. No tecido arquitectónico de Mórdomo aínda se poden achar restos de edificacións de certo interese, singularmente unha casa grande con aparello de cantaría e escudo de armas. A pesar disto, a degradación visual é notoria. O interese de Mórdomo xustifícase pola súa pertenza a unha área de elevados valores paisaxísticos, ecolóxicos e xeolóxicos.

Cando te vexo me acordo
de quen non podo olvidar,
¡ouh, figueiredo de Mórdomo,
de Mórdomo, ouh, figueiral!
A túa garrida sombra,
aló no medio do v’ran,
vista de lonxe parece
que dá frescura e zolás.
Debaixo das túas follas
hai un garrido areal,
cunhas areas tan brancas,
que vén da beira do mar,
que a quen te mira convidan
ó sono…, e outras cousas máis.
Reina dentro do teu seo
silencio tan xogoral
que tan só, de cando en cando,
se oi o garrido compás
das túas follas compridas
ca doce brisa do mar,
ou o pío, se se ofrece,
dun paxariño quezais.
O cansado camiñante,
que vai co calor do v'ran,
ó verte de lonxe di:
"De Mórdomo o figueiral"
E pasa adiante, ben triste,
porque non pode parar.
Non, non é na súa casa
nin á vista de seus pais
onde se buscan as nenas
para con eles falar;
mais debaixo das túas follas,
onde testigos non hai.
iOuh, figueiredo de Mórdomo,
de Mórdomo, ouh, figueiral! (QP 46)
HTMLText_01B03678_1809_3829_41B7_3499344ECBDB_mobile.html =
Mórdomo

HTMLText_01B2236B_1807_182F_41B4_674E60F3F943.html =
Torre da Moa

O último cumio é a Torre da Moa ou Castelo, coroada cunha enorme pena en forma de moa de muíño. Dende aquí teremos unhas espléndidas vistas sobre os Penedos que temos enfronte: os de Braño ou Piñeo, e sobre o val de Traba coa súa lagoa e sistema dunar.

Segundo o arquéologo Antón Rodríguez Casal, neste cumio existe un recinto castrexo do que poucos vestixios quedan. Tamén é posible a existencia dunha fortaleza medieval (lembremos o topónimo de Castelo ou Torre da Moa). Atopóranse dúas liñas de muro de sillares e cerámica tardorromana e medieval.

Ademais, a hipótese dun culto megalítico ancestral neste máxico e misterioso lugar cobra forza coas mámoas que hai preto desta formación. Había quen situaba aquí as Aras Sextianas. En 1975 o investigador Pedro Marfany sinalara na Torre da Moa unhas piletas de sacrificio castrexas ou romanas, con canles de desaugue que van cara o precipio.

Os habitantes destes lugares sempre tiveron admiración e curiosidade polas suxestivas formas que adoptan estas pedras. Numerosos topónimos dan conta das posibilidades que ofrecían á imaxinación estes penedos.

Ademais, escritores de grande sona como Eduardo Pondal, Otero Pedrayo ou Manuel Rivas sucumbiron á beleza e misterio do lugar.

“Penedos de Pasarela,
cando vos vexo, penedos,
suspiro de amor por ela.”

HTMLText_01B2236B_1807_182F_41B4_674E60F3F943_mobile.html =

HTMLText_01CBB8D8_180F_E869_41A5_65D2243E9702.html =
Real Academia Galega

Ante a súa inminente morte, Pondal escrebe a Salazar para que recolla os seus manuscritos literarios, documentos persoais e correspondencia, para depositalos na RAG, presidida por Murguía.

Hoxe forman parte dos seus fondos, xunto á maleta onde o Bardo gardaba as oitavas de Os Eoas. A entidade foi constituída oficialmente o 30 de 09 de 1906, como resposta á loita de distintos intelectuais. Estes presentaban a necesidade dunha institución que puidese proxectar o rexurdimento cultural de Galicia.
HTMLText_01CBB8D8_180F_E869_41A5_65D2243E9702_mobile.html =
Real Academia Galega

Ante a súa inminente morte, Pondal escrebe a Salazar para que recolla os seus manuscritos literarios, documentos persoais e correspondencia, para depositalos na RAG, presidida por Murguía. Hoxe forman parte dos seus fondos, xunto á maleta onde o Bardo gardaba as oitavas de Os Eoas. A entidade foi constituída oficialmente o 30 de 09 de 1906, como resposta á loita de distintos intelectuais. Estes presentaban a necesidade dunha institución que puidese proxectar o rexurdimento cultural de Galicia.
HTMLText_01F5736D_181F_182A_41B4_6293E05C4F34.html =
Castro de Borneiro

O xacemento castrexo foi descuberto, en 1924, por Ciriaco Pérez Bustamante e Isidro Parga Pondal, sobriño neto, por parte materna, do Bardo Bergantiñán. Polo tanto, o noso poeta non coñeceu a súa existencia. As primeiras escavacións datan dos anos 30, as seguintes dos 70, e as últimas dos 80. En Galicia, foi o primeiro castro con datación a partir do C-14, constatándose que estivo habitado desde o século VI a.c. ata o II d.c. Na actualidade están escavadas as tres cuartas partes da croa.
HTMLText_01F5736D_181F_182A_41B4_6293E05C4F34_mobile.html =
Castro de Borneiro

O xacemento castrexo foi descuberto, en 1924, por Ciriaco Pérez Bustamante e Isidro Parga Pondal, sobriño neto, por parte materna, do Bardo Bergantiñán. Polo tanto, o noso poeta non coñeceu a súa existencia. As primeiras escavacións datan dos anos 30, as seguintes dos 70, e as últimas dos 80. En Galicia, foi o primeiro castro con datación a partir do C-14, constatándose que estivo habitado desde o século VI a.c. ata o II d.c. Na actualidade están escavadas as tres cuartas partes da croa.
HTMLText_02513059_1450_3261_419F_4EF29BCE3FE9.html =
Igrexa de San Tirso de Cospindo

Foi bautizado aquí. Construción de cantaría de estilo barroco datada no século XVIII. Na fachada principal, destaca o seu remate nunha torre - campanario. Nesta igrexa foi bautizado o bardo de Bergantiños, en febreiro de 1835. En memoria súa hai unha obra en pedra, que recorda este feito grazas a unha inscrición. No lateral sur da edificación hai un sarcófago onde está enterrada parte da familia Pondal Abente.

HTMLText_02513059_1450_3261_419F_4EF29BCE3FE9_mobile.html =
Igrexa de San Tirso

Foi bautizado aquí. Construción de cantaría de estilo barroco datada no século XVIII. Na fachada principal, destaca o seu remate nunha torre - campanario. Nesta igrexa foi bautizado o bardo de Bergantiños, en febreiro de 1835. En memoria súa hai unha obra en pedra, que recorda este feito grazas a unha inscrición. No lateral sur da edificación hai un sarcófago onde está enterrada parte da familia Pondal Abente.
HTMLText_057F3B2B_14E0_0B23_41A8_8076C9740A58.html =
Fundación Eduardo Pondal

Edificación de cachotaría, con cantaría enmarcando portas e ventás. Na casa consérvase a acta bautismal do poeta. Inaugurada como sede da Fundación Eduardo Pondal o 13 de decembro de 2008.

Actualmente en renovación, promovida polo Concello de Ponteceso e polo equipo da propia Fundación.

Ten como guieiro de traballo o enaltecemento da figura e obra do insigne autor do Himno galego, Eduardo Pondal, así como da cultura e lingua galega, xunto coa formación global da mocidade e adultos e o desenvolvemento socioeconómico do contorno rural.
HTMLText_057F3B2B_14E0_0B23_41A8_8076C9740A58_mobile.html =
Fundación Eduardo Pondal

Edificación de cachotaría, con cantaría enmarcando portas e ventás. Na casa consérvase a acta bautismal do poeta. Inaugurada como sede da Fundación Eduardo Pondal o 13 de decembro de 2008.

Actualmente en renovación, promovida polo Concello de Ponteceso e polo equipo da propia Fundación.

Ten como guieiro de traballo o enaltecemento da figura e obra do insigne autor do Himno galego, Eduardo Pondal, así como da cultura e lingua galega, xunto coa formación global da mocidade e adultos e o desenvolvemento socioeconómico do contorno rural.
HTMLText_188BD773_042A_7A77_416F_F236BB7BA49F.html =
Faro de Nariga

Pondal escrebe uns versos dedicados a Cabo Nariga, nunha carta a Murguía de 1869, para dar os parabéns ao matrimonio polo nacemento da súa filla. O poeta referencia en varios poemas este Cabo, lugar onde aínda non existía o actual faro. Esta construción, realizada polo arquitecto galego César Portela en 1995, é o resultado dunha maxestosa combinación de liñas. A súa planta simula a proa dun barco, coroada por unha escultura en bronce, a modo de mascarón, creada por Manolo Coia en 1994.
HTMLText_1F474A7C_042B_EA71_4170_6AAFB1E12894.html =
Rúa Rego de Agua

No número 16 desta rúa atopábase a Librería Regional, que tamén era imprenta. No ano 1893 un
grupo de intelectuais rexionalistas comenzou a celebrar unha tertulia que llamaron Cova Céltica;
Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Lugrís Freire, Martínez Salazar e o propio Uxío Carré Aldao, dono do local, estaban entre os tertulianos.

En 1900, La Regional cambiouse á Rúa Real e despois volveu a Riego de Agua ata o seu peche definitivo no ano 1908. Cova Céltica estivo moi ligada á creación da Real Academia Galega.
HTMLText_1FA2157C_042B_DE71_4172_E4739363A40A.html =
Círculo de Artesáns

Promotores da escultura dedicada ao poeta bergantiñán na cidade, esta foi unha das sociedades ás que Pondal pertencía e onde participaba en diversos eventos. Esta asociación fórmase en 1847, sendo unha das máis antigas da Coruña. A sede actual é un inmoble dos anos 70 do século XX, construído tras o derrube da arquitectura marineda de finais do XIX, obra de Faustino Domínguez. Este histórico edificio, hoxe desaparecido, foi o que coñeceu o escritor, pois a sociedade trasladouse aquí en 1895.
HTMLText_1FA9346C_042A_5D92_4188_9A2CB44F8F9D.html =
San Adrián

Este punto ofrece unhas excelentes vistas das illas Sisargas. O lugar relaciónase coa lenda de Santo Adrán, o liberador da praga de serpes de Malpica e Corme. A multitudinaria romaría consiste na subida do santo desde a igrexa parroquial de Santa María de Malpica ata a ermida actual, datada no século XX. Esta foi construída sobre unha anterior, xa nomeada polo Cardeal Hoyos no XVII. Probablemente a primitiva fose o resultado da cristianización dun lugar cun culto pagán relacionado coas serpes.

Celébrase a multitudinaria romaría de San Adrán o día 16 de xuño, se é domingo, se non pásase ao domingo seguinte.
HTMLText_1FAE008C_042A_3691_4104_AB6148B04540.html =
Libraría Carré

A propiedade de Carré Aldao, foi o enclave dos faladoiros coñecidos como a Cova Céltica, cuxa ideoloxía rexionalista era difundida a través da Revista Gallega (1895-1907), dirixida por Galo Salinas e impresa por Carré Aldao. En 1897 fúndase o grupo político a Liga Gallega formado polos membros da famosa Cova, e con sede na mesma libraría. Pondal era habitual destas reunións, ademais de enviar poemas para a revista. Este grupo de intelectuais está vinculado coa constitución da Real Academia Galega.
HTMLText_44B16124_56C0_F0F5_41D2_7744EB9EF177.html =
Rúa Rego de Auga, A Coruña

No número 16 desta rúa atopábase a Librería Regional, que tamén era imprenta. No ano 1893 un
grupo de intelectuais rexionalistas comenzou a celebrar unha tertulia que llamaron Cova Céltica;
Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Lugrís Freire, Martínez Salazar e o propio Uxío Carré Aldao, dono do local, estaban entre os tertulianos.

En 1900, La Regional cambiouse á Rúa Real e despois volveu a Riego de Agua ata o seu peche definitivo no ano 1908. Cova Céltica estivo moi ligada á creación da Real Academia Galega.

HTMLText_44EA6782_56DF_9FAD_41BB_398B36789324.html =
Libraría Carré, A Coruña

A propiedade de Carré Aldao, foi o enclave dos faladoiros coñecidos como a Cova Céltica, cuxa ideoloxía rexionalista era difundida a través da Revista Gallega (1895-1907), dirixida por Galo Salinas e impresa por Carré Aldao. En 1897 fúndase o grupo político a Liga Gallega formado polos membros da famosa Cova, e con sede na mesma libraría. Pondal era habitual destas reunións, ademais de enviar poemas para a revista. Este grupo de intelectuais está vinculado coa constitución da Real Academia Galega.
HTMLText_44F5F6F4_56C1_9155_41C3_A48801392DE8.html =
Círculo de Artesáns

Promotores da escultura dedicada ao poeta bergantiñán na cidade, esta foi unha das sociedades ás que Pondal pertencía e onde participaba en diversos eventos. Esta asociación fórmase en 1847, sendo unha das máis antigas da Coruña. A sede actual é un inmoble dos anos 70 do século XX, construído tras o derrube da arquitectura marineda de finais do XIX, obra de Faustino Domínguez. Este histórico edificio, hoxe desaparecido, foi o que coñeceu o escritor, pois a sociedade trasladouse aquí en 1895.
HTMLText_4A861A3F_5631_F481_4190_C4E1DEF4EAFF.html =
1886

Publícase Queixumes dos pinos. Queixumes dos pinos está relacionada estreitamente co movemento simbolista, iniciado cara a 1875 coa aparición de Une Saison en Enfer, de A. Rimbaud, ou L’Après midi d’un faune de S. Mallarmé.

O libro comeza co canto dun bergantiñán, mentres lembra a servidume da patria e remata co canto do mesmo personaxe sobre o mesmo tema, é dicir, ofrece unha estrutura cerrada. Os poemas non levan tículo, o que lle dá ao libro un carácter de texto único. Son temas a evocación do pasado celta glorioso, a exhortación aos galegos para a loita pola dignidade, a incomprensión da que é vítima o bardo, a morte digna e heroica, a reivindicación do idioma galego etc. Queixumes dos pinos inclúe un poema, titulado Os pinos, as primeiras estrofas do cal serán elixidas polos emigrados en Cuba como letra para o himno, con música de Pascual Veiga.

No Teatro Nacional do Centro Galego da Habana, o 20 de decembro de 1907 estreouse por vez primeira o Himno de Galicia.

1888

A finais de 1887 retírase a Ponteceso. No verán de 1888 vai tomar as augas a Carballo, onde vai ficar algo máis dun ano. En Carballo entrou en contacto coa música da man do compositor Pascual Veiga, quen lle solicitou a letra para unha melodía súa coa que participaría nun certame coruñés en que se ía seleccionar a mellor Marcha Regional Gallega. Pondal entregoulle Os pinos, un poema xurdido das sucesivas reelaboracións de Rumores de los pinos.

Durante estes anos continúan a ser constantes as referencias a unha inmediata aparición da grande epopeia Os Eoas.

1890

O Himno galego, foi o resultado dun gran esforzo de coordinación de José Fontenla Leal. Primeiro, pedira a letra a Curros Enríquez, a gran figura galega na Habana nese momento, e a música a Castro «Chané», pero ao non conseguila coa présa que necesitaba, elixiu o poema Vos Piñeiros de Pondal, estableceu contacto con Pascual Veiga e o resultado fué un himno entre literario e patriótico, non moi común en canto aos seus símbolos e, desde logo, non moi común no sentido de que foi aproveitado un poema xa escrito, parcialmente, e non un poema escrito especialmente para facer un himno. Fontenla Leal chamoulle «Himno Rexional Gallego», así como en 1890, chamáraselle «Marcha Rexional Galega», pero inmediatamente pasou a chamarse o Himno a Galicia e xa definitivamente o Himno galego, sen que falten ás veces denominacións como Himno de Galicia.

1894

En 1894 instálase definitivamente na Coruña, onde participou no faladoiro rexionalista da Cova Céltica, como era coñecido aquel encontro de intelectuais na Librería Regional de Carré Aldao, un centro de reunión de intelectuais, historiadores e escritores galegos que defendían o “celtismo”. Nese faladoiro, coñeceu da man de Murguía os poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega. Tamén frecuentou a Sociedad Cooperativa Militar y Civil ou a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.
HTMLText_4B319350_5633_F49F_41D5_6294A7F6C9A7.html =
1917

Durante a última etapa da súa vida sufriu constantes ataques depresivos e amosaba síntomas de neurose obsesiva. Respecto á súa obra, aínda que é significativo o interese por parte dos seus coñecidos por publicar a versión definitiva de Os Eoas nese momento da súa vida, as continuas correccións ás que Pondal sometía o texto e o avance da súa enfermidade impediron que saíse á luz.

No mediodía do 8 de marzo de 1917 morría na Coruña Eduardo Pondal, tal e como informaba a prensa galega da época, no hotel "La Luguesa", na rúa Juana de Vega da Coruña, nº 21. Desde ese hotel enviou unha última carta a Andrés Martínez Salazar, preocupado polos seus manuscritos.
O enterro, de primeira clase e sufragado polo Concello, constituíu unha mostra de fervor institucional e popular. Presidírono as autoridades municipais en pleno co alcalde, Manuel Casás, á cabeza e os gardas municipais en uniforme de gala, xunto con representacións da Deputación Provincial, da familia e da Academia. Na comitiva ían comisións en representación de case todas as institucións coruñesas, públicas e privadas, que ademais enloitaron as súas sedes. Ao paso do coche fúnebre ían cerrando as portas e escaparates todos os establecementos comerciais e bancarios, seguindo as recomendacións municipais, no medio dunha multitude expectante. No cemiterio de San Amaro falaron o Alcalde e, en galego, Lugrís. No final cantouse o Himno.

Estas pompas fúnebres contrastan co case inmediato abandono da tumba por parte da familia, duramente criticado polas Irmandades.

1992

A finais de 1992, auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza, apareceu a primeira edición de Os Eoas, obra que con máis de 300 estrofas dedicadas á xesta colombiana e a súa conexión galega, constitúe o testamento lírico de Pondal.

Pondal, poeta oficial do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica.

No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra, o que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publicadas. Neste sentido, non resulta estraño que de Os Eoas, un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano, do cal o autor só publicase un primeiro esbozo en 1858, non chegase a ver finalmente a luz en vida do propio poeta. Trátase, non obstante, da obra que o propio Pondal e os seus correlixionarios consideraban como decisiva na súa carreira e aínda para a consolidación da propia literatura galega. Facendo nela a Colón galego, de acordo coas teses de García de la Riega, Constantino Horta..., Pondal pretendía universalizar Galicia e, ao tempo, o idioma galego no canto dunha xesta que superase a proba dos séculos.
HTMLText_74DF3FD5_5636_8B81_41C1_CA4E532F0512_mobile.html =

HTMLText_7790D5D0_5636_9F9E_41CA_7584707FBCE9_mobile.html =

HTMLText_ADA7A0F5_A200_55AB_41D5_2802FA60F8A7.html =
1835

Eduardo María González-Pondal e Abente naceu o 8 de febreiro de 1835, en Ponteceso. Foi o último de sete irmáns nunha familia de orixe fidalga, enriquecida coa emigración a América. Estudou gramática latina na reitoral de Vilela de Nemiña co párroco de Touriñán, un parente clérigo, Cristóbal de Lago. Sendo o menor de sete irmáns, formouse nun ambiente de alto poder adquisitivo que, durante e despois dos seus estudos, lle permitiu dedicar toda a vida á escritura, xa que os gastos necesarios para o seu mantemento proviñan das rendas familiares.

1854

Graduouse como bacheler en Filosofía en xullo do ano 1854 e matriculouse en Medicina.

Durante a súa época de estudante, en Compostela comezaba o rexurdir político-cultural galego. É a época na que comezan a escribir en galego Añón, os Camino, Turnes, Valladares ... Entre a xuventurde universitaria destacan Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz, os Rúa Figueroa, Murguía, Rosalía, Aguirre...

Pondal frecuentou os faladoiros do "Liceo San Agustín", dos cales xa formaban parte Rosalía de Castro, Manuel Murguía e Aurelio Aguirre. Desta época data o seu apaixonado interese pola cuestión rexionalista.

1856

Eduardo Pondal e o seu amigo Aguirre exerceron de líderes literarios e propagandistas politicos da idea provincialista de raíz progresista. Naquel ambiente universitario que amaba tanto a poesía como a liberdade, foi onde Pondal acadou notoriedade política e literaria ao participar no Banquete de Conxo, unha reunión de confraternidade entre diversas clases sociais da época (obreiros, artesáns, estudantes...) que se celebrou no bosque de Conxo o 2 de marzo de 1856. Nesa reunión, Pondal leu o poema Brindis, reivindicando a igualdade dos homes. Tanto a lectura de Pondal como a de Aguirre tiñan un forte sentido político, polo que a Audiencia da Coruña lles abreu un proceso e estiveron a piques de ser deportados ás illas Marianas.

No Banquete de Conxo faise moi amigo de Murguía, ambos os dous celtista, un indagando no pasado histórico de Galicia e o outro creando un repertorio épico cobre figuras do pasado para trazar un futuro. Para Murguía o celtimos é un tema historiográfico e para Pondal é inspiración literaria.
HTMLText_ADA7A0F5_A200_55AB_41D5_2802FA60F8A7_mobile.html =

HTMLText_EE9F644F_FF60_D93B_41E2_8D500F8EC766.html =
O Programa Nortear agradece a colaboración na documentación do cronograma á Fundación Eduardo Pondal
HTMLText_EE9F644F_FF60_D93B_41E2_8D500F8EC766_mobile.html =
O Programa Nortear agradece a colaboración na documentación do cronograma á Fundación Eduardo Pondal
### Etiqueta Label_006947BD_1807_E7C0_4196_125066C90EFC.text = CASTRO BORNEIRO Label_006947BD_1807_E7C0_4196_125066C90EFC_mobile.text = CASTRO BORNEIRO Label_0D065B59_180B_2F64_4183_E404FEF430D2.text = MIRADOIRO DE MONTE BRANCO Label_0D065B59_180B_2F64_4183_E404FEF430D2_mobile.text = MIRADOIRO MONTE BRANCO Label_0D615E3F_1818_E904_41A8_D4E38C77EC4A.text = CASA NATAL Label_0D615E3F_1818_E904_41A8_D4E38C77EC4A_mobile.text = CASA NATAL Label_0DE1A351_1879_1F5C_41A9_1217A3A1A06F.text = DOLMEN DE DOMBATE Label_0DE1A351_1879_1F5C_41A9_1217A3A1A06F_mobile.text = DOLMEN DE DOMBATE Label_0E067161_1819_180F_41A8_3B7D4178F6FC.text = TORRE DA MOA Label_0E067161_1819_180F_41A8_3B7D4178F6FC_mobile.text = TORRE DA MOA Label_0E29E733_180B_6728_41A2_375ECBAAB35A.text = FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL Label_0E29E733_180B_6728_41A2_375ECBAAB35A_mobile.text = FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL Label_0E92522F_18F9_1803_41B7_122AF98BF2D2.text = HOTEL LA LUGUESA Label_0E92522F_18F9_1803_41B7_122AF98BF2D2_mobile.text = HOTEL LA LUGUESA Label_0EA332E2_180F_1805_4185_936EDCB383C9.text = BANQUETE DE CONXO Label_0EA332E2_180F_1805_4185_936EDCB383C9_mobile.text = BANQUETE DE CONXO Label_0EA8CA08_1819_6812_41B5_F33FCFDAAA2F.text = IGREXA DE SAN SIMÓN Label_0EA8CA08_1819_6812_41B5_F33FCFDAAA2F_mobile.text = IGREXA DE SAN SIMÓN Label_0EB23722_1809_6732_41B4_52249AD73402.text = IGREXA DE SAN TIRSO Label_0EB23722_1809_6732_41B4_52249AD73402_mobile.text = IGREXA DE SAN TIRSO Label_0EE4F065_180B_180E_417A_CD3305F2A93F.text = TORRES DE CEREIXO Label_0EE4F065_180B_180E_417A_CD3305F2A93F_mobile.text = TORRES DE CEREIXO Label_0EE6D8D1_187B_2956_419F_D08AA1FF2736.text = PRAIA DE LAXE Label_0EE6D8D1_187B_2956_419F_D08AA1FF2736_mobile.text = PRAIA DE LAXE Label_0EE6FBA5_18F9_6801_41B3_CC5295948696.text = RÚA SAN ANDRÉS Label_0EE6FBA5_18F9_6801_41B3_CC5295948696_mobile.text = CÍRCULO DE ARTESÁNS Label_0F66918B_1819_381D_41B4_D9B4F0CEB771.text = PRAIA DE MÓRDOMO Label_0F66918B_1819_381D_41B4_D9B4F0CEB771_mobile.text = PRAIA DE MÓRDOMO Label_0F7FF174_1807_1807_41B4_451A3FC56F48.text = REAL ACADEMIA GALEGA Label_0F7FF174_1807_1807_41B4_451A3FC56F48_mobile.text = REAL ACADEMIA GALEGA Label_0FAEB065_1808_F80E_41B4_D2A996D3ED48.text = FARO DE CABO VILÁN Label_0FAEB065_1808_F80E_41B4_D2A996D3ED48_mobile.text = FARO DE CABO VILÁN Label_0FC7CCE3_18FB_2806_41B6_3096DC27C49A.text = ESTATUA EDUARDO PONDAL Label_0FC7CCE3_18FB_2806_41B6_3096DC27C49A_mobile.text = ESTATUA EDUARDO PONDAL Label_0FD8E583_18F9_7801_41A7_E20338236E8B.text = LIBRERÍA CARRÉ Label_0FD8E583_18F9_7801_41A7_E20338236E8B_mobile.text = LIBRARÍA CARRÉ Label_115FC93A_03E9_D7F1_418A_7DB1D8BC1F30.text = FARO DE NARIGA Label_12348502_03EA_5F91_417D_9190D5E40BD0.text = SAN ADRIÁN Label_195CCF2F_047E_2BEF_418C_AF92DE83BA44.text = RÚA REGO DE AGUA Label_74070EBB_5632_8D81_41C0_EAA08ECEC768.text = FARO DE NARIGA Label_74297810_5631_949F_41C2_0DD6DCCAEDF9.text = MIRADOIRO DE SAN ADRIÁN Label_74666BD9_5631_8B8E_41C9_9481D09688F1.text = RÚA REGO DE AUGA ### Tooltip IconButton_1E9755A9_0E07_AC53_41A3_7804DFC3B622.toolTip = Inicio IconButton_1E9755A9_0E07_AC53_41A3_7804DFC3B622_mobile.toolTip = Inicio IconButton_6084A36F_753A_7344_41A1_26A340FBF285.toolTip = Cambiar lingua IconButton_6084A36F_753A_7344_41A1_26A340FBF285_mobile.toolTip = Cambiar lingua IconButton_60914E84_753A_15C4_41C8_6160822E20AE.toolTip = Anterior IconButton_60914E84_753A_15C4_41C8_6160822E20AE_mobile.toolTip = Anterior IconButton_60984203_753A_2CBC_41D8_0B737CAEFA5A.toolTip = Seguinte IconButton_60984203_753A_2CBC_41D8_0B737CAEFA5A_mobile.toolTip = Seguinte IconButton_60BD0161_753A_6F7C_41D1_91C8EABE2F81.toolTip = Cronograma IconButton_60BD0161_753A_6F7C_41D1_91C8EABE2F81_mobile.toolTip = Cronograma IconButton_62332004_753A_2CC5_41D8_E19709AD732E.toolTip = Roteiro IconButton_62332004_753A_2CC5_41D8_E19709AD732E_mobile.toolTip = Roteiro IconButton_7EE23F81_7377_72C0_416C_04E89D6D3D05.toolTip = Sitio web IconButton_7EE23F81_7377_72C0_416C_04E89D6D3D05_mobile.toolTip = Sitio web IconButton_7EEF908E_7369_8EC1_41DB_32F498A69895.toolTip = Sitio web IconButton_7EEF908E_7369_8EC1_41DB_32F498A69895_mobile.toolTip = Sitio web IconButton_7F442A3E_733F_9DC0_41CF_D7E96E461601.toolTip = Sitio web IconButton_7F442A3E_733F_9DC0_41CF_D7E96E461601_mobile.toolTip = Sitio web IconButton_7F48B7E9_733F_9240_41D7_CD89261E8B28.toolTip = Sitio web IconButton_7F48B7E9_733F_9240_41D7_CD89261E8B28_mobile.toolTip = Sitio web IconButton_7F4E6541_733B_B640_4196_345CD7852BD3.toolTip = Sitio web IconButton_7F4E6541_733B_B640_4196_345CD7852BD3_mobile.toolTip = Sitio web IconButton_7FE51C3B_733A_B5C0_41DB_4C422079ADFD.toolTip = Sitio web IconButton_7FE51C3B_733A_B5C0_41DB_4C422079ADFD_mobile.toolTip = Sitio web IconButton_B073996D_A200_74DF_41B6_692E141097F6.toolTip = Puntos do roteiro IconButton_B073996D_A200_74DF_41B6_692E141097F6_mobile.toolTip = Puntos do roteiro ## Media ### Título panorama_55965CF1_5B68_DB9E_41C0_6F19AA1B6884.label = Cronograma panorama_D81AEB5B_C8CD_35BC_41E1_8044583B5E63.label = Roteiro panorama_DB9D22AE_CE01_200B_41D7_3EDE409AC10B.label = 20 Rego de auga panorama_E197C406_F069_072A_41C7_FC636A790A9E.label = 14 Faro de Cabo Vilán panorama_E19806BF_F067_035A_41E0_0A03543007BF.label = 02 Igrexa de San Tirso panorama_E1F051EF_F067_00FB_41D7_7140ED02140D.label = 01 Casa Natal panorama_E21A8F34_F069_016D_41D5_6191364998E0.label = 03 Fundación panorama_E2208EAF_F06F_037B_41DB_94F56901AEC7.label = 12 Praia de Mórdomo panorama_E221843A_F069_0765_41E1_AC283ADB99D5.label = 09 Praia de Laxe panorama_E22C70DA_F098_FF25_41EA_6C5B07D1A3ED.label = 19 Monumento a Eduardo Pondal panorama_E2341202_F06B_032A_41E9_0C57985E0DF4.label = 08 Dolmen de Dombate interior panorama_E24009B3_F06F_016B_41CC_FD2544E34724.label = 11 Torre da Moa panorama_E2403559_F069_0127_41DF_C97F14BDA1BA.label = 04 Mirador Monte Branco panorama_E2461097_F069_7F2A_41A2_F8AB7AB6CFD9.label = 13 Torres de Cereixo panorama_E2492DD2_F069_012A_41E1_32C8ECBB0542.label = 07 Castro Borneiro panorama_E26250ED_F06B_00FF_41E8_D4D24E708C71.label = 08 Dolmen de Dombate exterior panorama_E29D163C_F069_035D_41DD_0BD309BC86A8.label = 10 Igrexa de San Simón panorama_ED5C9465_FF28_4753_41E7_DEC1813EC550.label = 21 Hotel La Luguesa panorama_EE26E636_FF38_C33E_41E5_454D00630EB1.label = 05 Faro de Nariga panorama_EEC41726_FF28_42DE_41E0_27C01B617C7D.label = 16 Real Academia Galega panorama_EECD5A14_FF4E_BC7F_41D3_791E95E67002.label = 17 Librería Carré panorama_EEE155F9_FF28_C132_419D_7A125C9E4923.label = 15 Banquete de Conxo panorama_EF85805C_FF38_FF72_41ED_15F3C35F84CF.label = 06 San Adrian panorama_EFC43576_FF4E_D4BB_41DF_5E82B21F3E7B.label = 18 Círculo de Artesáns, ## Hotspot ### Tooltip HotspotPanoramaOverlayArea_D0744A0C_C545_1EA3_41C8_FBBDF01BC926.toolTip = PRAIA DE LAXE ## Acción ### URL LinkBehaviour_1F430CF7_07CC_25EA_4185_12B5B5975C40.source = https://ficheiros-web.xunta.gal/cultura/roteiros-literarios/menu/pondal/pt/index.html LinkBehaviour_CEAC0EFC_C543_1763_41DD_99DD792C61A6.source = https://www.facebook.com/fundacion.eduardopondal LinkBehaviour_CEAC2EFC_C543_1763_41E0_4BFDAF8B775B.source = http://www.poctep.eu/ LinkBehaviour_CEAC4EFC_C543_1763_41DA_432E0B3440DA.source = https://www.facebook.com/fundacion.eduardopondal LinkBehaviour_CEACBEFC_C543_1763_41AF_F09FC811EF0B.source = http://galicia-nortept.xunta.es/ LinkBehaviour_CEACCEFC_C543_1763_41D1_C7EF62949D26.source = https://www.xunta.gal/portada LinkBehaviour_CEADAEFC_C543_1763_41D3_30B0EA87B5A6.source = http://galicia-nortept.xunta.es/ LinkBehaviour_CEADBEFC_C543_1763_41E6_887FF10B183D.source = https://www.portugal.gov.pt LinkBehaviour_CEADEEFC_C543_1763_41D0_95D3DBEED7C0.source = http://www.poctep.eu/ LinkBehaviour_CEB30EFC_C543_1763_41C7_607E9CE1757B.source = https://www.portugal.gov.pt LinkBehaviour_CEB31EFC_C543_1763_41D4_C0CAC3534DAC.source = http://culturanorte.gov.pt/ LinkBehaviour_CEB32EFC_C543_1763_41D5_71D281175434.source = https://ficheiros-web.xunta.gal/cultura/roteiros-literarios/menu/pondal/pt/index.html LinkBehaviour_CEB36EFC_C543_1763_41D3_40431961E41A.source = http://culturanorte.gov.pt/ LinkBehaviour_CEB37EFC_C543_1763_4187_AAAD81FF12E3.source = https://www.xunta.gal/portada